Acumuladores e xeradores

Os xeradores e acumuladores son aqueles elementos capaces de manter unha diferencia de potencial entre os extremos dun condutor, para que se poida producir unha corrente eléctrica.

batería de automóbilPilas e baterías

Os acumuladores acumulan enerxía eléctrica no seu interior, e vana soltando cando se conectan os seus bornes a un circuíto eléctrico. É o caso das pilas e baterías electroquímicas.

As pilas e baterías electroquímicas son acumuladores de enerxía que proporcionan corrente continua grazas a unhas reaccións químicas que teñen lugar no seu interior.

imaxe: pila de 9 voltiosimaxe: Interior dunha pila de 9 voltiosSe conectamos varias pilas en serie podemos obter unha maior diferencia de potencial. Por exemplo, 6 pilas de 1,5 voltios dan lugar a unha voltaxe total de 9 voltios.

Símbolos:  Pila:imaxe: símbolo da pila   Batería:

imaxe: símbolo da pilaTeñen dous polos, un positivo e outro negativo. No símbolo da pila ou batería o polo positivo é a barra máis longa.

Por convenio, considérase que nun circuíto a corrente eléctrica flúe dende o polo positivo ao polo negativo da pila.

dínamoXeradores

Os xeradores xeran enerxía eléctrica a partir doutra fonte de enerxía.

Alternadores e dínamos:

Os alternadores e dínamos transforman a enerxía mecánica en enerxía eléctrica. Os primeiros producen corrente alterna e os segundos corrente continua.

Símbolos:  Xerador de CC: xerador de corrente contínua    Xerador de CA: xerador de corrente alterna

coche solarPlacas fotovoltaicas:

As células fotovoltaicas transforman a enerxía radiante do sol en enerxía eléctrica.

Cando a luz incide sobre unha placa fotovoltaica prodúcese unha diferencia de potencial.

Símbolo: Placa fotovoltaica: célula fotovoltaiva

Fontes de alimentación

imaxe: fonte de alimentaciónUnha fonte de alimentación é un dispositivo que converte a corrente alterna da rede (no noso país, 230V a 50 Hz) noutro tipo de corrente axeitada ao uso que se lle vaia dar.

Por exemplo, a fonte de alimentación da imaxe danos distintos valores de tensión en corrente continua e alterna.

Para indicar se o teu circuíto utiliza corrente continua ou alterna, podes utilizar os seguintes símbolos, indicando ó lado o valor da tensión utilizada.

CC:=   CA:~

 

·


Deixa un comentario