Condutores e Illantes

Non todos os materiais permiten o paso da corrente eléctrica. Hai materiais polos que os electróns non poden circular e outros polos que os electróns flúen con moita facilidade. Coñecer estes materiais vaiche ser útil para fabricar compoñentes eléctricos con materiais reciclados.

Condutores

conductorOs condutores son aqueles materiais que conteñen electróns que poden moverse libremente. Son os materiais que nos van a servir para facer circuítos eléctricos.

Entre os condutores atópanse os metais, a auga salgada, etc. Por estes materiais os electróns poden desprazarse libremente dun punto a outro se lle conectamos unha fonte de tensión.

afila chinchetas clips latas de conserva culler monedas arame

Illantes

illanteOs illantes son materiais onde os electróns non poden circular libremente, como por exemplo a cerámica, o vidro, plásticos en xeral, o papel, a madeira, etc. Estes materiais non conducen a corrente eléctrica.

madeira cerámica vidro plástico cordel

Semicondutores

Os semicondutores, como o silicio ou o xermanio, presentan propiedades eléctricas que están entre os condutores e os illantes. Utilízanse principalmente como elementos dos circuítos electrónicos.

semiconductores

 


Deixa un comentario