Compoñentes
Para construír un circuíto eléctrico necesitamos:
- Unha pila: É o elemento que nos proporciona a enerxía necesaria para que os electróns circulen.
- Cable: É o medio polo que os electróns van circular. Está composto de cobre, que é un material condutor, e unha envoltura de plástico, que actúa como illante.
- Unha lámpada, un motor ou un zoador.Son os elementos receptores da electricidade. Recíbena para transformala en luz e calor, movemento, ou son respectivamente.
- Un interruptor ou pulsador.Son os elementos que me permiten manobrar sobre o circuíto.
Máis adiante coñecerás máis compoñentes para facer montaxes máis complexas, pero isto chéganos para facer os primeiros circuítos.
A montaxe
Para que a corrente eléctrica circule, o circuíto ten que estar pechado, ten que haber un camiño entre o polo positivo e o negativo da pila. No momento en que o circuíto se abre os electróns deixan de circular.
Fai clic para pechar os interruptores e dobre clic para abrilos:
Circuíto con interruptor e lámpada |
Circuíto con interruptor e motor |
Circuíto con pulsador e zoador |
Sentido da corrente
As frechas que aparecen sobre o cable marcan o sentido da corrente eléctrica que, por convenio, vai do polo positivo ao polo negativo da pila, aínda que os electróns móvense en sentido contrario.
·