Pila cun limón

Para construír unha pila cun limón necesitas eléctrodos de cobre (Cu) e de cinc (Zn).

  • Para o eléctrodo de cobre podes utilizar unha moeda de céntimos de euro, xa que está feita de aceiro recuberto de cobre. Convén limpala e lixala se ves que está moi sobada.
  • Para o eléctrodo de cinc podes utilizar un cravo galvanizado (recuberto con cinc). Outra opción é utilizar un cravo de aceiro ou ferro no canto do galvanizado, pero obteremos unha diferenza de potencial inferior.

pila-limón     pila-limón

LEDAgora proba conectar un LED a estes eléctrodos, e verás que se acende. Lémbrate de conectar a pata longa ao borne positivo (cobre) e a curta ao negativo (cinc). Se non consegues acendelo podes probar con varias pilas-limón conectadas en serie.

pilas-limón en serie


Deixa un comentario