Zoador

Podes fabricar un zoador cos elementos que ves na imaxe.

  • Fai un electroimán enrolando un cable unhas 200 voltas sobre un parafuso de ferro.
  • Suxeita unha lima de uñas metálica a un carrete de fío ou calquera outro soporte mediante unha goma elástica.
  • Elimina a pintura dunha lata de refresco, pois senón non conduce a electricidade.
  • Utiliza cola termofusible para fixar ben o electroimán, o carrete e a lata sobre un cartón ou madeira.
  • Axusta a posición dos compoñentes para un correcto funcionamento.

zoador

Funcionamento:

Ao pechar o interruptor, a electricidade circula polo electroimán e separa a lima da lata, rompéndose o circuíto. Entón o electroimán deixa de atraer a lima, que volve ao seu sitio dando un golpe. Nese intre péchase de novo o circuíto, e o proceso repítese unha e outra vez con gran rapidez.

 


Deixa un comentario