No ámbito da tecnoloxía, a enerxía é parte fundamental, xa que tódolos aparellos e sistemas requiren un aporte enerxético para o seu funcionamento.
Definición:
A enerxía eléctrica pódese definir como o traballo necesario para desprazar unha carga eléctrica entre dous puntos sometidos a unha diferencia de potencial. Mídese de Xulios (J) ou kilovatios-hora (kWh) (1 kWh = 3,6·106J) |
Cálculos:
A enerxía pódese calcular mediante a seguinte expresión:
E = V · I · t
Onde V é a diferencia de potencial en voltios (V), I é a intensidade en amperios (A) e t é o tempo en segundos (s) que está o circuíto conectado.
Por exemplo, ao condutor da figura aplícaselle unha tensión de 10 voltios e circula unha intensidade de 0.5 amperios. A enerxía consumida durante 1 segundo será:
E = V · I · t =10V · 0.5A · 1s = 5 J
Exercicios:
En reparación