A Lei de Ohm relaciona as magnitudes de voltaxe, resistencia e intensidade da seguinte maneira:
V = I · R
Trátase dunha ecuación de primeiro grao na que podes despexar a magnitude que queiras calcular cando coñeces as outras dúas.
Existe unha regra mnemotécnica que te pode axudar. Consiste nun triángulo como o da imaxe.Cando tapas coa man a magnitude que queres calcular podes ver os cálculos que debes facer.
Fai clic en V, I ou R dentro do triángulo para ver o resultado.
Cálculos coa Lei de Ohm:
[Scratch: Lei de Ohm]
Elixe a magnitude que queiras calcular, introduce os datos que che piden e terás o resultado.