Medidas

  • Podes descargar o seguinte cuestionario de navegación: Medidas (odt | pdf)

Introdución

O polímetro ou multímetro é un aparello que serve para medir:

Voltaxes (voltios):
Utilizamos o voltímetro
Intensidades (amperios):
Utilizamos o Amperímetro
Resistencias (ohmios):
Utilizamos o Ohmímetro
voltímetro (símbolo)
amperímetro  (símbolo)
ohmímetro (símbolo)

PolímetroPara utilizar o polímetro debes tomar as seguintes precaucións:

  • Non xirar o selector mentres mides.
  • Non tocar as puntas de proba cando mides.
  • Cambiar a pila cando apareza o indicador de batería baixa.
  • O polímetro ten un fusible para protexelo das tensións altas. Se o polímetro non funciona comproba que o fusible non estea fundido
  • Antes de facer as medidas, fíxate que estea seleccionado o tipo de corrente que desexes (continua ou alterna).

 

 


Deixa un comentario