Amperímetro:
- Conecta a punta negra en COM e a vermella en VΩHz
- Comproba que no polímetro está seleccionada a corrente continua (DC)
- Sitúa o selector na zona de intensidade en corrente continua (A
). Se ao medir sae un 1 na pantalla é que a escala é pequena para a medida que queremos facer. Sobe a escala.
- Para medir unha intensidade colócase o polímetro en serie.
- A punta de proba vermella ten que ir no lado do polo positivo e a punta negra no lado do negativo. Se a medida sae negativa é que están colocadas ao revés.
Fíxate que ao conectar dúas lámpadas en serie aumenta a resistencia e, polo tanto, diminúe a intensidade.