Coche cabledirixido

Podes deseñar e construír un coche que se move cara adiante e cara atrás. Necesitas facer unha plataforma e incorporar unha polea a un dos eixes, que será movida por un motor. Na seguinte imaxe tes un modelo, pero podes facer a plataforma con outra forma diferente, dependendo da carrocería que lle queiras poñer.

coche cabledirixido

Os eixes deben ser paralelos entre si. Incorpora unhas guías intentando evitar o máximo posible o rozamento co eixe.

Para movelo podes fabricar un mando cunha chave de cruce feita cunha pinza da roupa ou utilizar un conmutador dobre comercial.

chace de cruce

conmut2p2c
circuito7

Podes incorporarlle luces dianteiras accionadas dende o mando mediante un interruptor. Utiliza uns LEDs para incorporar unha luces que se acendan automáticamente cando o coche vai marcha atrás. Utiliza un simulador de circuítos para facer os deseños.

Deseña unha carrocería orixinal. Utiliza un material que pese pouco.

coche1 tracción dianteira coche2 tracción traseira

Podes complicalo aínda máis: Se lle conectas dous motores ás dúas rodas dianteiras, podes controlar o movemento mediante un conmutador dobre de dous pulsadores, un para cada motor. Para que xire ben cómpre que a roda traseira sexa unha roda tola.
coche que xira. Circuíto.

 

 


Deixa un comentario