Toothbrush Bot é un simpático robot-cepillo que podes fabricar con materiais de refugallo: o motor dun móbil (un motorciño cunha excéntrica no eixe que se utiliza para o vibrador), unha pila de botón, un interruptor pequeno (recíclao dun xoguete vello) e un cepillo de dentes ó que lle tes que cortar o mango.
Solda os compoñentes formando un circuíto simple e pégaos ó cepillo utilizando cola termofusible.
Aquí tes un vídeo do funcionamento:
(Fonte: evilmadscientist)
Na clase fixemos uns aproveitando un mandos da PS2:
E tamén fixemos uns con placas solares:
No blogue tes máis ideas para facer vibrobots.