Semáforos

Deseña e constrúe un cruce de semáforos. Utiliza un conmutador para que cando un dos semáforos estea verde, o outro marque vermello e viceversa.

O esquema eléctrico é o da figura. Antes de montar o circuíto debuxa o cableado sobre o debuxo (imprimir pdf). Os cables das lámpadas van por un tubo que sostén o semáforo.
semáforos

Podémolo complicar máis: Engade a cada semáforo o indicador correspondente para os peóns, coas súas correspondentes luces vermella e verde. Deseña o circuíto axudándote dun simulador e fai un deseño orixinal.

semáforos

Se queres podes utilizar LEDs no canto de lámpadas, pero ten coidado coa tensión da pila. Podes utilizar unha pila de 1,5V. Se queres utilizar unha pila de 4,5V, conecta en serie unha resistencia de 100 ohmios, dese xeito diminuirás a intensidade que circula polos LEDs e non se fundirán. Lémbrate de que a pata longa vai ao positivo e a curta ao negativo.

Unha maneira interesante de facer un semáforo é mediante un programador cíclico de bote. Dese xeito o semáforo funciona todo o tempo que queiramos, sen ter que activar nós manualmente o conmutador. Podes ver cómo se fai neste web.


Deixa un comentario