Proba o teu pulso con este xogo eléctrico. Trátase dun circuíto simple, cunha pila, unha lámpada e un interruptor formado por un arame dobrado e un aro, que ao tocarse entre si péchase o circuíto e permite o paso da corrente. Convén que, ademais, incorpores un interruptor xeral para desconectar completamente o circuíto.
Fai un deseño orixinal utilizando unha caixa de catón, cartolinas de cores, ou o que se che ocorra.