Cisco Binary Game
Para probar a túa maña pasando de binario a dixital e viceversa, podes xogar a Cisco Binary Game:
Cando apareza unha cifra en decimal á dereita, terás que seleccionar aqueles díxitos binarios que sumen ese valor.
Cando aparezan unha serie de díxitos binario marcados, terás que indicar no recadro cal é o seu valor en decimal.
Binary beach
[Scratch: Binary beach]
Un polbo está na area da praia de Rodas e vai quedar seco. Axúdao a meterse na auga atinando todas as conversións que che vai pedir, elixidas ao chou entre pasar de binario a decimal ou de decimal a binario. Se cometes máis de 2 erros morrerá!
Ola María, a ligazón ao xogo de Cisco está truncada. Podes a topalo agora en https://learningcontent.cisco.com/games/binary/index.html
Actualizado. Grazas!!