Circuítos integrados

circuíto integradoOs circuítos integrados ou chips son circuítos complexos formados por numerosos compoñentes fabricados cun material semiconductor, como o silicio, que forman un circuíto electrónico miniaturizado.

Cada chip de silicio está instalado dentro dunha funda de plástico e conectado a un xogo de patillas nos laterais da funda.

chip2

O microprocesador que atopamos dentro dun ordenador bate o record de miniaturización. Ten millóns de transistores, o que lle permite manexar gran cantidade de información.

Os circuítos integrados poden ser tanto analóxicos como dixitais.

O primeiro circuíto integrado foi deseñado e fabricado por Jack Kilby en 1958, que escribiu no seu libro de notas: “A minuaturización extrema de varios circuítos electrónicos pode realizarse fabricando resistencias, condensadores, transistores e diodos sobre unha mesma oblea de silicio”.

primeiro circuíto integrado  primeiro circuíto integrado

 


Deixa un comentario