Aplicacións dos chips

As aplicacións dos chips son moi variadas: informática, vehículos, electrodomésticos, electrónica de consumo, reloxos, comunicacións, tecnoloxía de control e equipos industriais, etc. Imos ver algúns exemplos.

Teléfono móbil:

Se non fose polos chips, os teléfonos móbiles terían o tamaño dunha maleta. Compara un teléfono móbil actual co Nokia Mobira Talkman de 1986.

Nokia Mobira Talkman 1986 teléfono móbil

Calculadora:

Unha das primeiras aplicacións dos chips foron as calculadoras.  Actualmente unha calculadora non é máis ca un teclado, unha pantalla e un chip que realiza as operacións matemáticas. Para fabricala máis barata, o chip instálase directamente na placa do circuíto da calculadora e posteriormente protéxese cunha gota de plástico que fai de encampsulamento.

calculadorachip de calculadora

Reloxo dixital:

Todo o circuíto necesario para construír un reloxo miniaturízase nun chip que se fabrica industrialmente e de xeito totalmente automatizado. Isto fai que sexan moi económicos e con moitas prestacións (calendario, cronómetro, etc.)

Microprocesadores:

Os chips máis potentes son os utilizados nos ordenadores. Teñen decenas de millóns de transistores e outros compoñentes electrónicos que lles permiten realizar cálculos a gran velocidade. Os seus encapsulamentos son de cerámica e teñen centenares de pins.
intel amd pins dun microprocesador interior dun microprocesador

Microcontroladores:

Son pequenos ordenadores compostos por unha memoria, onde se garda un programa breve, e un circuíto que executa este programa en función da información que chega de sensores externos, todo metido nun só chip. Un mesmo microcontrolador pódese programar para que realice diferentes funcións, como controlar unha máquina de refrescos, un ascensor, unha máquina industrial, unha impresora, etc.
microcontroladorS310135

 


Deixa un comentario