Circuítos lóxicos

Sistemas electrónicos:

Un sistema electrónico está composto por tres partes:

  • Entrada: formado polas variables que poñen en marcha ou deteñen o sistema. Poden ser interruptores ou sensores.
  • Proceso: o sistema xera unha resposta a partir dos datos das variables de entrada. Isto faise mediante un circuíto de control.
  • Saída: Mediante uns actuadores o sistema actúa e realiza a función para a que está deseñado. Poden ser motores, lámpadas, altofalantes, etc.

Proceso a seguir:

O que debemos facer é deseñar un circuíto lóxico que cumpra coas condicións preestablecidas. Para iso temos que seguir estes pasos:

  • Identificar as entradas.
  • Mediante unha táboa de verdade, indicar aqueles casos nos que a saída está activada.
  • Obter a función lóxica e simplificala.
  • Implementar o circuíto lóxico de xeito que se cumpra a función requirida.

Control programado:

No canto de construír un circuíto específico para cada función, actualmente a maioría dos dispositivos constan dunha estrutura electrónica capaz de realizar as operacións necesarias que se ordenan mediante un conxunto de instrucións procedentes dun programa, de xeito que un mesmo dispositivo serve para múltiples e variadas aplicacións. Isto verémolo máis adiante no bloque de control e robótica.

 


Deixa un comentario