Unha vez temos a función simplificada o que debemos facer é construír o circuíto utilizando portas lóxicas. O procedemento é:
- Debuxa as entradas
- Engade portas NOT para negar as variables necesarias
- Realiza as multiplicacións mediante portas AND
- Realiza as sumas mediante portas OR
Exemplo 1 :Obtención do circuíto da función S = A’ B’ C + A B’ C’ |
||
1. Comezamos por debuxar o tres entradas, A, B e C, e situar á beira delas tres portas NOT que nos permitan obter as funcións negadas A’, B’, C’.![]() |
2. Para obter A’ B’ C debemos multiplicar as variables correspondentes mediante portas AND. Facemos o mesmo para obter o produto A B’ C’ mediante portas AND![]() |
|
3. Por último, mediante unha porta OR sumamos A B’ C’ e A’ B’ C, obtendo xa a función de saída S.![]() |
||
Exemplo 2:Pode suceder que nos dean un circuíto electrónico xa deseñado e que necesitemos obter a súa táboa da verdade para comprender o seu funcionamento. Temos dúas maneiras de resolvelo: |
|||||||||||||||||
1. Podemos ir seguindo o percorrido do circuíto e obtendo a función en cada cable até chegar ao saída S. Sabendo xa a función de saída, podemos obter a táboa da verdade.![]() |
2. Tamén podemos utilizar un simulador para construír o circuíto. Unha vez feito imos accionando os interruptores buscando todas as combinacións da táboa de verdade (Sen pulsar = 0, pulsado = 1)
|
||||||||||||||||
Exercicios
1. Utiliza un simulador para implementar os circuítos das seguintes funcións:
Simuladores: | Funcións: |
|
2. Obtén a táboa de verdade do seguinte circuíto: |