Os condensadores son elementos que permiten almacenar carga eléctrica. Poden almacenar carga durante un tempo determinado para liberala posteriormente.
Pecha o interruptor. Fai clic en “carga” para cargar o condensador, e logo fai clic en “descarga” para descargalo sobre a lámpada.
Por dentro:
Constan de dúas placas metálicas separadas por un material illante, tamén chamado dieléctrico, e a cada placa se lle une un terminal para a conexión ao circuíto.
Tipos:
Existen moitos tipos de condensadores, pero pódense dividir en dous grandes grupos: os polarizados (electrolíticos) e os non polarizados (cerámicos, de poliéster, etc.)
Símbolos:
Condensador non polarizado |
Condensador electrolítico |
Condensador variable |
Os condensadores electrolíticos conteñen no seu interior unha disolución química moi corrosiva. Neste tipo de condensadores é moi importante respectar a polaridade cando o conectamos, pois podería estragarse e incluso estoupar provocando feridas. Así que coidado: ¡A patilla máis longa sempre ao positivo!
Hola las imágenes que das como ejemplos del tipo de condensadores no está correcta. El de tántalo y el cerámico son de poliester ambos.
Tes razón, iso pasa por incluír imaxes sen fixarme. Xa está corrixido. Grazas por avisar.