Cálculos en condensadores.
A característica que ten un condensador de almacenar carga denomínase Capacidade (C) , e mídese en Faradios (F).
Dado que a capacidade dos condensadores soe ser moi pequena, xeralmente emprégase o microfaradio (μF), que corresponde a millonésima parte dun faradio (1 μF = 10-6F).
A carga que almacena un condensador depende da súa capacidade e á tensión que se lle aplica:
Q = C V | Q= Carga en culombios (C) C = Capacidade en Faradios (F) V= Voltaxe en voltios (V) |
Tempo de descarga dun condensador:
O tempo que tarda en descargarse un condensador a través dunha resistencia depende da capacidade do condensador e do valor da resistencia:
t = 5 C R | C = Capacidade en Faradios (F) R= Resistencia en ohmios (Ω) |
Asociación de condensadores:
Podemos combinar varios condensadores para conseguir unha maior ou menor capacidade.
- Se queremos aumentar a capacidade debemos conectar varios condensadores en paralelo.
- Se queremos reducir a capacidade debemos conectar varios condensadores en serie.
En serie: A capacidade diminúe 1/C=1/C1+1/C2 |
1/C = 1/100 + 1/100 = 2/100 C = 100/2 = 50 µF |
En paralelo: A capacidade aumenta. C = C1 + C2 |
C = 100 + 100 C = 200 µF |