Existen moitos tipos de díodos: rectificadores, para conmutación, de alta frecuencia, emisores de luz, estabilizadores, etc. Utilízanse en moitas montaxes, pero nos usarémolos basicamente con dúas funcións:
Protección:
Por exemplo, conectamos un díodo en paralelo cun relé para impedir o paso de correntes inversas que poden danar os compoñentes dun circuíto.
Rectificador de corrente:
Os rectificadores de corrente serven para transformar a corrente alterna en continua, por exemplo, nos cargadores de móbiles.
O primeiro que necesitamos é diminuír a voltaxe da corrente. Para iso utilizamos un transformador.
Ao conectar díodos no circuíto conseguimos transformar unha corrente alterna (varia sucesivamente de valores positivos a negativos e viceversa) a unha corrente continua (valores de tensión sempre positivos ou sempre negativos) como podes ver nos seguintes esquemas
Rectificador de media onda:
Rectificador de onda completa con ponte de Gratz:
Para conseguir unha onda máis constante incorpórase un condensador e un regulador de tensión