Dixitalización da información

0 e 1Un ordenador, unha tableta ou un teléfono móbil non entenden de letras, palabras e frases. Cada vez que tecleamos, falamos a través do micrófono ou escaneamos unha imaxe, os dispositivos o primeiro que fan é dixitalizar a información, é dicir, codificala en sucesións de ceros e uns, para que o dispositivo electrónico sexa capaz de entendela e operar con ela.

Isto é porque todos estes dispositivos están baseados na electrónica dixital, que utiliza o sistema binario para operar e tratar a información.

Estes ceros e uns non son números tal e como os coñecemos nós, senón que son impulsos eléctricos de baixa e alta tensión, ou interruptores abertos ou pechados, ou áreas microscópicas de memoria magnetizadas nun senso ou no contrario, etc. A esta linguaxe que utiliza o ordenador chámaselle código máquina.

dixital

Nos seguintes apartados veremos como se dixitalizan algúns tipos de información.

 


Deixa un comentario