O código ASCII (American Standard Code for Information Interchange) é un estándar de representar caracteres e símbolos en forma electrónica. Asignamos a cada letra ou número un conxunto de 8 bits que o identifican. Dese xeito, cada vez que prememos unha tecla o ordenador é capaz de identificala e traballar con ela.
Case todos os sistemas informáticos actuais utilizan o código ASCII ou unha extensión compatible para representar textos e para o control de dispositivos que manexan texto.
Traslada texto a código binario e viceversa:
Usa só texto ASCII de 8 bits
Aquí tes máis información sobre o código ASCII, onde podes ver a equivalencia de moitos caracteres en decimal, hexadecimal e binario.