Un BIT (b) é a información máis pequena representable por un número, e di se unha cousa é verdadeira ou falsa, alta ou baixa, negra ou branca, etc. Un bit deriva das palabras inglesas “binary digit”, que significa cifra binaria. Chámanse así as dúas cifras usadas no sistema binario: o 0 e mailo 1.
Un byte (B) é unha sucesión de 8 bits. Os ceros e uns pódense combinar de 28 = 256 modos diversos.
A partir de aí podemos facer múltiplos decimais ou múltiplos binarios:
Múltiplos decimais
- Un kilobyte (kB) son 103 = 1000 bytes. Son os chamados “kas”
- Un megabyte (MB) son 1000 kilobytes ou 106 = 1.000.000 bytes. Son os chamados “megas”
- Un xigabyte (GB) son 1000 megabytes ou 109 = 1.000.000.000 bytes. Son os chamados “xigas”
Múltiplos binarios:
- Un kibibyte (KiB) son 210 = 1.024 bytes.
- Un mebibyte (MiB) son 1024 kibibytes ou (210)2 = 220 bytes.
- Un xibibyte (GiB) son 1024 mebibytes ou (210)3 =230 bytes.
Táboa:
Múltiplos binarios | Múltiplos decimais | |||||
Nome | Símbolo | Factor | Nome | Símbolo | Factor | |
kibi | Ki | (210)1 =210 | kilo | k | (103)1 = 103 | |
mebi | Mi | (210)2 = 220 | mega | M | (103)2 = 106 | |
xibi | Gi | (210)3 = 230 | xiga | G | (103)3 = 109 | |
tebi | Ti | (210)4 = 240 | tera | T | (103)4 = 1012 | |
pebi | Pi | (210)5 = 250 | peta | P | (103)5 = 1015 | |
exbi | Ei | (210)6= 260 | exa | E | (103)6 = 1018 |
Tes máis información no artigo: Kibibytes, mebibytes e xibibytes