Inicio analóxica

A electrónica analóxica traballa con sinais continuos, tanto no tempo como en amplitude, que poden tomar infinitos valores.

Por exemplo, un sinal de audio é captado por un micrófono coma un sinal eléctrico analóxico. Nun altofalante, un sinal eléctrico analóxico convértese nunha onda sonora.

Para comezar a facer circuítos electrónicos necesitamos coñecer os compoñentes. Nas páxinas seguintes irás coñecendo os compoñentes electrónicos básicos, como se comportan e como se conectan, para que logo podas incorporar a electrónica aos teus proxectos.

Podes descargar o cuestionario de navegación: Electrónica analóxica (odt | pdf))

 


Deixa un comentario