Alarmas

Alarmas, detección e aviso.

Son moitas as situacións nas que nos viría ben dispoñer dunha alarma ou dispositivo que avise dalgún evento.

  • campingCámping:
    Tódolos anos en verán hai un festival de música de tres días que non hai que perderse. O concello prepara unha explanada onde os visitantes acampan. O problema é que o ano pasado houbo varios roubos en tendas de campaña. Deseña un dispositivo para colocar na tenda que detecte calquera intrusión e disuada aos posibles ladróns
  • Habitación:
    Non me gusta nada que o meu irmán entre na miña habitación a andar coas miñas cousas. Necesitaría un dispositivo que detecte cando unha persoa entra no meu cuarto e active un son que poda escoitar dende o salón.
  • teixugoReportaxe fotográfica:
    Unha fotógrafa está estudando o comportamento do teixugo. Como non quere molestar aos animais cre importante tomar a fotografía automaticamente. Deseña un dispositivo que operará sobre unha cámara fotográfica cando o animal entra nunha zona determinada. Non estaría mal que sacara varias fotografías seguidas, por se a primeira non sae ben.
  • natacionNatación:
    Nunha competición de natación para persoas xordas necesítase un dispositivo que lles permita identificar o sinal de inicio da carreira. Deseña un dispositivo que permita ao competidores detectar o sinal de poñerse en posición e, a continuación, segundos despois, o sinal de saída.
  • bañeiraBañeira:
    Como a bañeira tarda moito en encherse, aproveito para facer outras cousas mentres espero. O problema é que case sempre esquézome dela e a auga sae por fóra. Necesitaría ter algún dispositivo que me avise cando a bañeira xa está chea.
  • Cociña:
    A un pai resúltalle difícil contentar a toda a familia cando fai ovos fritos. A un lle gustan moi feitos, a outro feitos pero que se poda mollar, e outra prefíreos case crus, e nunca acerta. Necesitaría un dispositivo que avise sobre o tempo de cocción, con posibilidade de axustalo para tres duracións diferentes.

Segundo as túas necesidades, o sinal de entrada, o proceso e o sinal de saída poden ser diferentes, así que tes que actuar sobre os esquemas que coñeces para axustalos á cada proposta concreta.

Aquí van unhas ideas:

Para a detección do sinal de entrada podes utilizar sensores de luz, de escuridade, de temperatura, de humidade, … Busca entre os circuítos e prácticas de transistores. Moitas veces non é necesario un sensor electrónico e chéganos cun simple pulsador ou final de carreira.

Nos exemplos que poño vou usar un circuíto con LDR, pero podes deseñar unha alarma con calquera outro detector. No circuíto da figura, cambiando a posición do conmutador, podo seleccionar que a alarma funcione cando hai ou cando non hai luz .
sensor luz-escuridade

Para o sinal de saída podes utilizar lámpadas ou LEDs, zoadores, … Se queres un efecto pulsante utiliza un 555 en funcionamento astable ou un circuíto multivibrador con transistores.
larma intermitente

Se desexas que a alarma quede enganchada ata que alguén a desconecte, utiliza un circuíto con relé con encravamento.
encravamento

Se desexas algún tipo de temporización, utiliza un temporizador feito cun 555 en funcionamento monoestable.
alarma con temporización

Se desexas que haxa un retardo na conexión, podes utilizar un condensador e un par darlington.
alarma con retardo
Podes descargar aquí estes circuítos feitos con crocodile technology

Tamén podes descargar algúns deseños feitos por alumnado de 4º de ESO para as propostas feitas ó principio desta páxina.

 


Deixa un comentario