A reforma do parque
O concello quere reformar o parque da cidade. Desexa poñer unha fonte, novas árbores e bancos. Tamén cre que hai que reformar a iluminación coa instalación de novos farois, que se acendan automaticamente cando se fai de noite. Como unha estrada cruza o parque, desexa instalar un semáforo para evitar accidentes. Para aforrar cartos en persoal de mantemento, desexa incorporar un sistema de rego automático.
A proposta acaba de saír a concurso. Un grupo de arquitectos e enxeñeiras do instituto podería presentar un proxecto e unha maqueta en funcionamento. Animádesvos?
Fonte:
Utiliza un 555 en funcionamento astable para programar a frecuencia de cada un dos chorros. Cada bomba de auga pode levar varios surtidores.
Podes incorporarlle luz para obter un efecto interesante na auga.
Semáforo:
Utiliza tamén un 555 en funcionamento astable para programar a frecuencia das luces dos semáforos.
Farois:
Utiliza un detector de escuridade para programar o acendido automático das farolas.
Rego automático:
Utiliza un detector de sequidade para activar a bomba de auga cando a terra está seca. Idea un sistema de rego por goteo.
(Podes ver unha posible solución en crocodile technology, pero antes de mirar proba facelo ti.)