Deseño 1:
Deseña un sistema que nos vaia avisando sobre o nivel de auga dun recipiente. O sistema de aviso poden ser unha serie de LEDs. Cando o recipiente está cheo, se queres, pode soar tamén un zoador.
Deseño 2:
Podémolo complicar aínda máis: Un pulsador activa unha bomba de auga e nun panel vaise vendo o nivel de auga mediante uns LEDs. Cando o recipiente encheuse completamente dáse unha orde a bomba para que pare. Deberás combinar o circuíto detector de humidade co circuíto de encravamento.
Sensor de humidade (recipiente cheo) | Relé con encravamento |
NO: arranque da bomba. NC: o detector de recipiente cheo debe actuar aquí para parar a bomba |
Deseño 3:
Se queres podes automatizalo aínda máis (isto é para nota): O primeiro sensor de nivel de auga marca o inicio da bomba, e a bomba para cando o sensor de recipiente cheo dá a orde. Dese xeito non fai falta que unha persoa actúe sobre a bomba para poñela en marcha, senón que o fai automaticamente cando o nivel de auga é baixo.
Pista: podes utilizar un sensor de humidade invertido (detector de sequidade): actívase cando non hai auga, e desactívase cando hai:
(Ver posible solución en crocodile technology)