Trátase dun robot que segue a traxectoria dunha liña negra debuxada sobre un fondo branco. Podes facela pegando cinta illante sobre o chan.
Utilízase un emisor de infravermellos e un receptor (fototransistor). Pódense utilizar de forma independente ou utilizar un integrado (CNY70)
Debido a que as superficies negras non reflicten a luz e as brancas si, o sensor é capaz de distinguir se se atopa enriba da liña negra, facendo conmutar o relé do motor oposto para que o robot corrixa a súa traxectoria.
Hai diferentes versións e posibilidades de circuítos. Un é este:
O pulsador é para a simulación no ordenador, pero non existe no circuíto real.
Habería que duplicar este circuíto para o sensor dereito e o motor esquerdo.
A liña negra debe quedar entre os dous sensores, que deben estar moi preto do chan.