Robot segueluz

Robots que seguen a luz

Modelo 1: Fotótropo.

(Sacado de cucabot )

Cando non hai luz o robot está dando voltas en círculo, xa que só funciona un dos motores.
No momento en que a luz incide sobre a LDR ponse en marcha o segundo motor, e o robot marcha en liña recta na dirección da lanterna.
As instrucións para montalo están na web de cucabot

fototropo

Modelo 2: robot segueluz

(Sacado de “electrónica analóxica en automatismos“, das VI Xornadas de tecnoloxía de Galicia, de APETEGA)

Neste caso cada motor actívase mediante un circuíto detector de luz independente.
A LDR esquerda fai mover o motor dereito, e a LDR dereita fai mover o motor esquerdo.

segueluz

Vídeos

Podes ver aquí uns vídeos dos robots feitos hai dous anos. Utilizamos motores con moi pouca redución. O ano pasado fixémolos con mellores redutoras e ían mellor.

Fotótropo

Segueluz

Melloras

Proposta: Monta un destes robots e engádelle un circuíto adicional: luces nos ollos, uns LEDs intermitentes decorativos, un zoador, ou o que desexes.

Aquí podes ver o resultado duns robots feitos no curso 06-07. O primeiro é un fotótropo que leva uns LEDs nos ollos que se acenden cando se pon en marcha o motor que reacciona ante a luz. O segundo é un robot segueluz que leva uns LEDs que funcionan de xeito intermitente a modo de decoración.

fotótropo segueluz

(Podes descargar os circuítos simulados en crocodile technology)

 


Deixa un comentario