Conectadas en serie ou en paralelo, as resistencias empréganse para modificar o valor da intensidade de corrente dunha certa parte dun circuíto.
Por exemplo, para evitar que se queimen determinados compoñentes electrónicos, como os díodos e os transistores, sóense conectar en serie con eles, ou para regular o volume da música conéctase un potenciómetro cun cursor, que o que fai é variar a resistencia e, polo tanto, a intensidade que circula.