Fotorresistencias

Resistencia variable coa luz: LDR, fotorresistencia ou célula fotoeléctrica.

LDRUnha LDR (Light Dependent Resistor) é unha resistencia cuxo valor depende da cantidade de luz que incide sobre ela.

  • A resistencia diminúe cando hai luz
  • A resistencia aumenta cando hai escuridade

Fai clic nas frechas para cambiar a luz incidente e observa o valor da resistencia LDR:
      máis luz: arriba
      LDR
      menos luz: abaixo

As LDR atopan a súa aplicación en alarmas, control de peches de portas, acendido e apagado do alumeado público, fotómetros das cámaras fotográficas, etc.
ldr

 


Deixa un comentario