Circuítos impresos

placaMaterial:

  • papel milimetrado
  • placa de cobre para circuítos impresos
  • cinta adhesiva
  • un trade con broca de 1 mm
  • un rotulador edding 3000
  • auga forte
  • auga osixenada 110 vol
  • unha cubeta de plástico
  • unhas pinzas de plástico.
  • un soldador e estaño

debuxo sobre a placadebuxo en papelProceso:

O primeiro que facemos é debuxar o esquema electrónico nun papel milimetrado. Cada liña será a pista que quedará impresa no circuíto. Os lugares onde van as patas dos compoñentes marcámolas cun punto groso.

Logo dámoslle volta ó papel e debuxamos a pistas polo outro lado. Pódese facer no cristal dunha xanela.

Colocamos o papel (do lado do debuxo que fixemos na fiestra) sobre o lado de cobre da placa de circuítos, suxeitámolo con cinta adhesiva e furamos nos puntos onde van as patas dos compoñentes.

Cun rotulador especial para circuítos impresos, ou cun edding 3000, remarcamos os buratos e unimos as pistas.

Na cubeta de plástico preparamos unha solución ao 50% de auga forte e 50% de auga osixenada a 110 volúmenes. Introdúcese a placa de circuítos na cubeta e espérase a que se disolva o cobre. Ten coidado de non tocar a disolución coas mans. Utiliza uns guantes e unha pinzas.

circuíto impresoCando o cobre estea disolto sacamos a placa con axuda dunhas pinzas e a lavamos ben, con moita auga. Logo limpamos os restos de rotulador con alcohol ou cunha goma de borrar.

Agora toca soldar os compoñentes á placa. As patas dos compoñentes introdúcense polo lado da baquelita ou fibra de vidro, e sóldanse con estaño pola parte onde temos gravadas as pistas. Podes ver como se solda no apartado de soldadura.

soldar
Explicación obtida do material “fabricación dun circuíto impreso” de Xose Manuel Atanes, das VI xornadas de Tecnoloxía de Galicia.

 


Deixa un comentario