Protoboard

Montaxe en placa de prototipos ou protoboard

As placas de prototipos úsanse para facer probas de circuítos electrónicos e comprobar que funcionan antes de soldar os compoñentes no circuíto definitivo.

Os compoñentes pínchanse nos buratos da placa. Estes buratos están conectados entre si como se ve na figura, e terás que ter en conta isto para montar alí os circuítos.

As liñas horizontais superiores e inferiores utilízanse para conectar a alimentación. Para empezar e non liarse convén poñer o positivo (vermello) nunha liña superior e o negativo (negro) nunha inferior. Tódolos cables que conectemos a esas liñas estarán conectados ó positivo ou ó negativo respectivamente.

Os compoñentes conéctanse na parte do medio, onde están as conexións verticais (segundo o noso debuxo). Nunca conectes dúas patillas do mesmo compoñente na mesma liña vertical, pois estarías curtocircuitándoo.

 

Aquí podes ver varios exemplos de conexión: en serie, en paralelo, e un circuíto integrado.

serie   paralelo   integrado

 


Deixa un comentario