Necesitamos:
Un soldador entre 20 e 30 W de potencia, non máis. | Antes de soldar asegúrate de que:
Despois de soldar:
|
|||
Un soporte con esponxa | Estaño | Unhas pinzas ou alicates | ||
Soldar cables a patillas:
Para soldar un cable a unha patilla dun compoñente, primeiro tes que estañar o cable e a patilla.
- Achega o soldador ao cable uns segundos para quentalo.
- Cando estea quente achega o estaño, de xeito que estea en contacto co cable o co soldador.
- Cando o estaño empeza a fundirse retírao, e logo retira o soldador, despraándote pola superficie do cable para estender o estaño.
Cando tes a patilla e o cable estañados xa podes unilos
- Une as dúas partes a soldar e quéntaas simultaneamente co soldador. O estaño fundirase e unirá a patilla ao cable.
- Retira o soldador con coidado de non mover ningunha das partes a soldar.
- Cando se arrefríe o estaño podes soltar o cable.
- A soldadura está feita correctamente se a capa de estaño une ben as superficies e ten un aspecto brillante.
Soldar en circuítos impresos:
- Pon xuntos os elementos que se van soldar.
- Quenta simultaneamente coa punta do soldador os elementos a soldar.
- Cando a zona de soldadura estea quente, achega o fío de estaño e deixa que se funda unha cantidade suficiente para cubrir as superficies a soldar.
- Retira o fío de estaño.
- Tras un par de segundos retira o soldador.
- Espera a que se arrefríe o estaño sen que se movan as superficies soldadas.
- Se a capa de estaño une ben as superficies e ten un aspecto brillante e cóncavo a soldadura está feita correctamente. Se o aspecto da superficie de unión é mate, trátase dunha unión fría.
- Corta a patilla sobrante.
Soldadura boa: placa fría: patilla fría: