Transistores

O transistor é un compoñente básico nos circuítos electrónicos. Está formado por materiais semicondutores, e utilízase principalmente con dúas funcións:

  • Utilizámolo para amplificar sinais eléctricos, é dicir, para obter correntes de saída maiores cás correntes de entrada.
  • Utilizámolo tamén coma un interruptor accionado pola electricidade.

Aplicacións

Utilízase na maioría dos dispositivos electrónicos, como alarmas de roubo, detectores, vídeos, televisores, radios, teléfonos móbiles, ordenadores, etc.

A memoria RAM dun ordenador componse de circuítos que permiten almacenar a información e están formados por millóns de transistores, integrados nuns compoñentes chamados chips.

Partes

O transistor ten tres patillas, denominadas colector, base e emisor. Pode ser de dous tipos: NPN ou PNP.
NPN    PNP

Nós utilizaremos para as nosas prácticas os transistores NPN. É importante que identifiques ben as patillas antes de realizares as túas montaxes:

 


Deixa un comentario