Funcionamento

npn

Un transistor funciona coma se fose unha válvula: Para que haxa condución entre o colector(C) e o emisor(E) debe haber corrente na base (B).

Segundo isto, podemos distinguir entre tres estados de funcionamento diferentes do transistor: corte, activa e saturación.

  • En corte non hai corrente de base, e polo tanto tampouco haberá corrente de colector a emisor.
  • En activa hai unha pequena corrente de base, e permítese o paso de corrente de colector a emisor. A relación existente entre as intensidades é Ic= β Ib, sendo β a ganancia do transistor.
  • En saturación a intensidade do colector e do emisor chegan ao máximo posible.

 

Pódelo comprobar no seguinte circuíto:
(Fai clic para pechar o interruptor. Fai dobre clic para abrilo de novo.)

  • Cando o interruptor está aberto non hai corrente de base e, polo tanto, non circula a corrente entre o colector e o emisor e o LED está apagado.
  • Cando pechamos o interruptor hai corrente de base, e o LED acéndese, xa que agora hai circulación de corrente entre o colector e o emisor.
  • Fíxate tamén nas intensidades da base e do colector. Como ves, a intensidade do colector é maior cá da base. O transistor está funcionando como amplificador de corrente.
circuíto1

 


Deixa un comentario