Xa sabemos como construír as nosas propias engrenaxes grazas a un xerador de plantillas, facelas de cartolina e tamén sabemos que hai engrenaxes que non son circulares.
Agora, grazas as explicacións de Clayton Boyer, podemos probar construír engrenaxes con formas orgánicas moi pouco convencionais. Mírao neste vídeo:
[youtube: How To Make Organically-Shaped Gears]
(Visto en The Automata/Automaton Blog)
Parece doado de facer, e non é que sirvan de moito, pero resultan ben orixinais.
Ver máis anotacións sobre engrenaxes
He he, e pensar que eu tiven case unha asignatura adicada só ó cálculo de engrenaxes… Esta é a biblia da materia en español, por se che interesase, pero é unha cousa bastante técnica e espesa, sobre todo comparada co que nos amosas.
https://www.librosuned.com/compras/detalle.aspx?id_md=4255
Home, trátase de que o alumnado de 2º de ESO (e quen queira) sexa capaz de facer engrenaxes sen que escape correndo :-D
Pero está ben a referencia ao libro para que se saiba que as engrenaxes teñen a súa complexidade
¡Me ha gustado la idea, bueníssimo!