Ensaios de materiais

BrinellO alumnado de Tecnoloxía Industrial de 2º de bacharelato elaborou o seguinte wiki sobre ensaios de materiais: http://materiais.wik.is

O obxectivo era atopar vídeos das máquinas e procesos que se utilizan na industria, xa que no instituto unicamente podemos facer na práctica o ensaio de tracción, pero non outros.

En dúas horas de clase, repartíndose o traballo, atoparon fotos, vídeos e a descrición dos ensaios mecánicos máis importantes.

Desexan compartir o seu traballo con estudantes doutros centros, así que se vos interesa botádelle unha ollada.


2 comentarios en “Ensaios de materiais”

  1. Felicidades por este traballo, tanto para ti, María, como para os teus alumnos, felicítaos da miña parte. Mostrareille este traballo tanto aos meus alumnos de 2º BACH, polo interés que ten para eles o tema, como a os de 4º da ESO, que levan cunha wiki, feita dende fai tres semanas, pendente de corrixir para publicala.

    Responder

Deixa una resposta a María L Cancelar a resposta