Estruturas resistentes

Os proxectos de estruturas que somemos facer nas aulas de secundaria consisten na construción de vigas e piares que soporten unha determinada carga.
Por exemplo, o alumnado de 1º de ESO de hai uns anos, aplicando a triangulación, construíu estes piares de papel que debían soportar o seu propio peso sen deformarse.

estruturas0.jpg

Outro proxecto que se soe facer habitualmente é o deseño e construción dunha viga que soporte unha determinada carga sen deformarse. Pero non pensedes que estas experiencias só se fan en secundaria. Por exemplo, aquí podes ver un vídeo da ETS de Arquitectura da Universidade de Málaga.

Outra experiencia que nunca fixen en clase é o deseño e construción dunha estrutura resistente a terremotos. Acabo de ver este vídeo en Aula Obradoiro e paréceme unha experiencia interesante para reproducir no instituto.

Para comprender as tensións ás que están sometidos os elementos estruturais e axudar no deseño temos o magnífico simulador West Point Bridge Design Contest.

Trátase de deseñar unha ponte o máis resistente posíbel. O paso dun camión pola ponte proba a resistencia do deseño, e o simulador indica as tensións ás que están sometidas as vigas.

West Point Bridge Design Contest

 


Deixa un comentario