tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Fabricación dun automóbil

O venres e o luns iremos visitar a factoría PSA-Peugeot-Citroën en Vigo. Para ir preparándonos para o que imos ver temos o seguinte material:

O proceso:

Na páxina de PSA-Peugeot-Citroën temos estupenda animación do proceso de fabricación, no que se ve:

  • embutición: a partir de chapa galvanizada fanse as distintas pezas da carrocería
  • soldadura: ensamblado e conformación das pezas mediante robots soldadores
  • pintura: realízase mediante robots, pero nós non imos ver esta parte
  • montaxe: colócanse a portas, taboleiro de mandos, asentos, parabrisas, rodas, motor, etc.
  • e o control de calidade final.

Clica na imaxe para ver a animación flash.
proceso de fabricación

Vídeos:

Como isto non é máis ca unha animación, cómpre ver tamén uns vídeos do proceso

citroen_video.jpg

Robots industriais:

Teñen tamén unha animación do funcionamento dos robots industriais utilizados na fábrica.

robot

Consignas de seguridade para a visita:

  • Deben vir calzados con calzado deportivo ou zapatos de punta redonda.
  • Non se permite a entrada ao centro con mochilas, así que deberán deixalas no autobús.
  • Antes de comezar a visita, entregaranse unhas batas, zapatos ou punteiras de seguridade e lentes de seguridade.
  • Todo o material deberá ser devolto unha vez finalizada a visita.
  • Nos talleres hai marcadas no chan uns camiños peonís, que deberán ser utilizados pola visita, xa que os corredores son estreitos e utilízanos para fornecer material ás liñas de fabricación.
  • Durante o percorrido pasarase por corredores por os que cruzan vehículos, así que se debe ir moi atento.
  • A visita deberá ir agrupada; é dicir, non deberá quedar xente atrasada nin disgregada do grupo principal.
  • No percorrido realizaranse varias paradas para ver operacións concretas do proceso de fabricación dun automóbil. Nestas paradas, os visitantes deberán agruparse seguindo as indicacións, con coidado de non invadir os corredores, para poder escoitar as explicacións que dará a azafata.
  • En caso de incumprimento reiterado da normativa de seguridade, a azafata está autorizada para dar por finalizada a visita, aínda que non se remate o percorrido previsto.

4 Comments

  1. Gracias María por compartir con todos la visita “virtual” a esta fábrica de coches.

  2. Gracias a ti, Ame. Si la podéis aprovechar también con vuestros alumnos y alumnas, estupendo.

  3. Grazas polos vídeos. Interesante proxecto, anque complicado de facer nun instituto

Deixa una resposta a Ame Cancelar a resposta

Required fields are marked *.