tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Fluídos non-newtonianos

Viscosity

[O fluído de abaixo é máis viscoso]

Hoxe en 2º de bacharelato andabamos a repasar as propiedades dos materiais, e alguén acordouse dun material líquido que se volve duro cando lle damos un golpe. Prometinvos ensinarvos uns vídeos, pero aproveito para explicar un pouquiño o que sucede.

Antes de nada hai que saber que é a viscosidade: É a oposición que presenta un fluído a deformacións tanxenciais.

Por exemplo, cando un fluído circula por unha condución está sometido a deformacións tanxenciais. Se un fluído ten pouca viscosidade (auga) circulará facilmente pola condución, pero se ten moita viscosidade (mel), prodúcese moito rozamento entre o fluído e as paredes, circulando dificilmente.

Ben, pois os fluídos non newtonianos non teñen unha viscosidade constante, senón que varía coa temperatura e co gradiente de tensión que se aplica.

O da temperatura xa o sabiamos: quentamos o mel para facelo menos viscoso que a temperatura ambiente, pero o que nos chama a atención é que tamén varíe co gradiente da forza aplicada: Se introducimos a man lentamente nunha pasta de auga con fariña de millo afundirémola no fluído, pero se presionamos repentinamente e con forza a pasta vólvese dura e impenetrable.

Podes intentar facer o experimento que se mostra no seguinte vídeo, facendo unha mestura de maicena e auga:

[youtube: Fluidos no-newtonianos ]

Este exemplo levárono a gran escala no programa “El Hormiguero”. Encheron unha piscina con almidón para demostrar que se podía saltar sobre a superficie sen afundirse. Temos tres vídeos:

[youtube playlist: fluídos non newtonianos]

En realidade hai máis fluídos newtonianos que aqueles que teñen unha viscosidade constante.Tes máis información sobre isto na wikipedia

(Esta entrada participa na XXIII edición do Entroido da Física, aloxada no blogue Astrofísica y Física. )


2 Comments

  1. Una aplicación es la utilización de estos fluidos en la construcción de badenes “inteligentes” como se puede ver en este vídeo http://youtu.be/EdwvPnbRsbI

  2. Grazas Emili. Unha aplicación moi interesante desta propiedade.

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.