O proxecto Hackers Sen Fronteiras
Este curso procedeuse á actualización da aula de informática 1 a través da compra de 30 equipos novos que substitúen 30 equipos que xa teñen 13 anos, que son o obxectivo deste proxecto. Retiraranse os que están fallando aproveitándose os compoñentes que funcionen ben (memoria, fonte de alimentación, etc.), os demais prepararanse para a súa instalación nos departamentos que o necesiten e os equipos restantes serán prestados ao alumnado con necesidades e doados a asociacións sen ánimo de lucro da contorna.
Esta proposta foi a gañadora da convocatoria “Hackers Sen Fronteiras. Tecnoloxías para o ben común e os Dereitos Humanos no ensino secundario de Galicia, fase 1“, está coordinada polo departamento de Tecnoloxía coa colaboración e traballo do grupo de Dixitalización de 4ºESO do IES Primeiro de Marzo, de Baiona.
Asociacións sen ánimo de lucro
Un dos destinatarios dos ordenadores recuperados e actualizados son asociacións sen ánimo de lucro da contorna (Baiona, Oia, Val Miñor), aínda que é extensible, segundo as posibilidades, a outras asociacións de Vigo ou da provincia de Pontevedra.
Temos especial interese en reducir a fenda de xénero nas TIC e ofrecer os equipos a asociacións que axuden á emancipación e formación tecnolóxica das mulleres, polo que daremos preferencia a asociacións de mulleres ou que traballen con mulleres: casas de acollida de vítimas de violencia machista, mulleres rurais, etc., pero poden ser beneficiarias calquera outro tipo de asociacións que dean un servizo social á comunidade: atención á discapacidade, saúde, conciliación, cultura, patrimonio, etc.
Os equipos, no caso de que se precise, serán completos: CPU, monitor, teclado e rato. No caso de que unha asociación sexa beneficiaria de varios equipos, os periféricos ofreceranse en función da dispoñibilidade. A conexión a Internet correrá a cargo da asociación beneficiaria.
Se es dunha asociación sen ánimo de lucro e tes interese nos nosos equipos, podes realizar a solicitude no seguinte formulario:
Características dos equipos:
- Pentium(R) Dual-Core CPU E5700 3GHz
- 8GB de RAM (ampliado!)
- Disco duro 500GB
- DVD
- Lector de tarxetas
- Sistema operativo: Linux Mint
Periféricos:
- Monitor con altofalantes integrados
- Teclado
- Rato
- Cables de alimentación
O noso traballo
- Este curso 2023-2024 substituímos os equipos vellos da aula de informática I por novos equipos.
Obradoiro reciclaxe informática
O banco de reciclaxe electrónica con software libre de Vigo estivo en Baiona explicando ao alumnado de Dixitalización a importancia de reparar e reciclar equipos informáticos.Cartaces
Estes son algúns cartaces deseñados polo alumnado para este proxecoRenovación do software dos equipos
Unha vez posto a punto o hardware hai que instalar un sistema operativo baseado en software libre que consiga que uns equipos destas características funcionen ben.Doazóns a asociacións
Unha vez cerrado o prazo de solicitudes procederemos á doazón dos equipos ás asociacións sen ánimo de lucro que presten servizos sociais. Iremos informando nesta páxina.
Beneficiarias dos equipos
Aquí iremos poñendo información sobre as asociacións beneficiarias cando empecemos coa distribución dos equipos. O formulario de solicitudes está aberto:
Entidades beneficiarias
Entidades organizadoras
Bancos de reciclaxe Software Libre
A través da asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, organizamos para o alumnado do grupo de Dixitalización un obradoiro a cargo do banco de reciclaxe electrónica con software libre de Vigo, Informática Solidaria, no que aprendemos sobre electrónica ética, hardware e mantemento básico dun equipo informático. Mostramos aquí uns enlaces sobre a filosofía que move estas iniciativas.
Vídeo sobre Electrónica Ética
Bancos de reciclaxe de Galicia
Manifesto auto-reparación
IES Primeiro de Marzo. Baiona.
O IES Primeiro de Marzo é un instituto que acolle alumnado dos concellos de Baiona e Oia, a maioría da contorna rural.