Doazóns a asociacións

Unha vez cerrado o prazo de solicitudes procederemos á doazón dos equipos ás asociacións sen ánimo de lucro que presten servizos sociais. Iremos informando nesta páxina a medida que vaiamos distribuíndo os equipos.

Asociacións Beneficiarias

Faraxa é unha asociación sen ánimo de lucro que ofrece apoio e atención especializada desde o ano 2009 a mulleres en situación de prostitución, trata de seres humanos con fins de explotación sexual, mendicidade, laboral e vítimas de Violencia de Xénero.

Ordenadores instalados na Faraxa

A asociación Avelaíña intenta guiar as persoas afectadas pola enfermidade mental para acadar unha maior calidade de vida. A asociación ocupa un local situado na Casa do Mar de Baiona, como Centro de Rehabilitación Psicosocial na comarca do Val Miñor.

Ordenadores instalados en Avelaíña