Unha vez posto a punto o hardware (limpeza dos equipos, cambio de pila, pasta térmica, etc.) hai que instalar un sistema operativo baseado en software libre que consiga que uns equipos destas características funcionen ben.
Despois de probar diferentes distribucións, decidimos instalar Linux Mint, pois a diferenza no rendemento con outras distribucións é moi pequena e a facilidade de uso é superior a outras distribucións.
—
A conta de administración é xestion ‣ contrasinal: Baiona2024. Tamén hai creada unha conta Usuaria/o con acceso sen contrasinal.
Para cambiar o contrasinal de administración ou crear novas contas con ou sen contrasinal hai que acceder desde a conta de administración a Menú ‣ Administración ‣ Usuarios e grupos
—
O idioma instalado por defecto é galego. No directorio Menú ‣ Preferencias ‣ Idiomas pódense engadir outros idiomas se as persoas beneficiarias o necesitan.
No Menú ‣ Preferencias ‣ Axustes do sistema podedes configurar diferentes opcións (tema, accesibilidade, impresoras, teclado, etc.)
No repositorio de recursos “Xestor de Software” hai dispoñibilidade de moitas aplicacións instalables que poden ser útiles. Os equipos levan instalados os recursos básicos para poder traballar (nevegadores de internet, ofimática, imaxe, vídeo, etc.)