Teño que recoñecer que non estou nada posta nos xogos cos que andan agora os meus alumnos e alumnas da ESO, pero cando tiña a súa idade andaba intercambiando cintas de casete con xogos para o commodore 64, por non falar da fardada que era chegar ao cole coa “maquinita” do donkey kong. Anos antes flipaba cos meus irmáns co pong e coa máquina dos space invaders cando tiñamos algunha moeda que meterlle.
Hoxe anuncia Vieiros que os videoxogos máis recoñecidos e famosos están presentes na exposición “Game Over. Una historia de los videojuegos” que se exhibe en Valladolid. Queda algo lonxe de Vigo, pero podemos consultar nesta ligazón a historia dos videoxogos en diversas seccións, os emuladores cos que podemos facer funcionar os vellos xogos nos PCs actuais, e tamén xogar on-line a algúns clásicos.
Neste vídeo podes ver a evolución en 5 minutos:
Moito cambiaron as cousas dende os anos 70, e pódese afirmar que o mundo dos videoxogos constitúe unha forma de cultura e un fenómeno social, ou non somos moitas as persoas que máis dunha vez tarareamos o ti-rirori-rirori-tirori-ro-ri-ro machacón do tetris?.
Aquí tes unha versión ska ideal para as festas veraniegas:
2 Comments
Leave a reply →