Debuxo por ordenador
O primeiro que necesitamos é unha aplicación que nos permita debuxar pezas. Hai moitas, pero nesta páxina tes exercicios para aprender a utilizar:
- Onshape: Programa de CAD profesional.
- OpenSCAD: para debuxar programando.
Que é a impresión 3D?
A impresión en 3D, non é máis que a capacidade de realizar pezas volumétricas a partir dun debuxo feito por un programa de deseño ou debuxo.
Neste vídeo tes unha explicación:
Pasos a seguir:
Para poder imprimir un debuxo feito en calquera programa de deseño en 3D ou dun debuxo en 2D que podamos extrusionar (levantar no eixo Z), hai que ter en conta varios factores:
- O modelo da impresora en 3D, que é por adición (unha capa de material encima doutra para formar o volume), e o material a utilizar PLA.
- Non todos os arquivos que son debuxados en programas ao uso son lexibles ou compatibles e hai que ter en conta esta cuestión para gardar o arquivo na extensión adecuada.
Que imos aprender?
Configurar a impresora para imprimir pezas predeseñadas
CURA, é un programa “Open Source” que é utilizado para o laminado e impresión de modelos 3D.
Un arquivo .STL non é un formato de sólido, é un formato con infinidade de puntos da superficie externa da peza que queremos imprimir.
Para converter un arquivo de sólidos a STL é necesario un programa CAD, pois o programa da impresora non realiza estas conversións.
Deseñar a túa propia peza
No mundo da impresión 3D existen unha gran variedade de programas que permiten desenvolver calquera peza ou debuxo en 3D e que posteriormente se exporte a formato .stl, o cal permitirá a impresión tridimensional nunha impresora 3D.
No mercado para debuxo en 3D existe unha variedade de programas de pago como poden ser Solidworks, Catia, Autocad e Inventor. Teñen un elevado custo para o usuario e require dunha aprendizaxe longa e custoso.
Na actualidade existe outra gran variedade de programas que podes descargar de forma gratuíta de internet, como pode ser:
- Onshape: é un programa de deseño CAD 3D na nube, o aprendizaxe é moi sinxelo xa que parte de formas xeométricas tanto en 2D coma en 3D.Tamén permite exportar a .stl. É realmente recomendable e é o que imos utilizar.
- FreeCad: un programa de modelado paramétrico en software libre que ademais ten a opción de converter deseños a OpenScad.
- OpenScad: para utilizar este programa han de terse certos coñecementos de programación, xa que para o deseño de pezas utilízase linguaxe de programación.
- Tinkercad : É un programa que funciona a través de internet. O aprendizaxe é moi sinxelo xa que parte de formas xeométricas sinxelas que se unirán para obter outras máis complexas e permíteche exportar o debuxo a varios formatos, en especial a .stl.
- Sketch Up: É un programa sinxelo de utilizar e gratuíto que che permite facer unha gran variedade de cousas. Tamén ten a opción de exportar a .stl.
Descargar modelos de Internet