A primeira peza en 3D

peza1Obxectivo:

Imos crear a primeira peza en 3D a partir dun debuxo en 2D.

Vídeo:

Práctica:

Prepara o traballo

  1. Abre a túa conta en Onshape,  no botón <<Create>>, crea un novo documento co nome Peza01.
  1. Crea un novo esbozo, Sketch, no botón <<Sketch>>.
  2. Selecciona o plano onde imos a traballar, neste caso en Top. Fai clic co botón dereito enriba do plano Sketch 1, e selecciona <<View normal to Sketch plane>>.

Xa estamos listos para empezar a debuxar!

 

Debuxa a peza

  1. Crea unha circunferencia centrándoa no eixe de coordenadas. Para non seguir debuxando coa ferramenta seleccionada pulsa a tecla ESCAPE.
  2. Se non che quedou centrada co eixe de coordenadas selecciona o botón <<Coincident>>  , fai clic no centro da túa circunferencia e clic no centro do eixe de coordenadas. Verás como a circunferencia se move ao centro do plano.
  3. Agora temos que acotala ou establecer as súas dimensións: fai clic en <<Dimension>>dimensione logo selecciona a circunferencia. Ponlle un diámetro de 50 mm. Se está todo correcto (a circunferencia centrada e acotada) a figura debe saír de cor negra.

 

Dámoslle volume!

peza1a

  1. Fai clic no botón <<Extrude>>.extrude
  2. Para ver mellor a extrusión, seleccionamos a perspectiva trimétrica, fai clic no cubo perspectivasque hai no lado dereito da pantalla e selecciona Trimetric.
  3. A continuación aparece unha frecha cara arriba. Se fas clic nela cambia cara abaixo, e se pinchas en Blind, aparecen outras opcións, a primeira Symetric, fai a extrusión simétrica nos dous sentidos.
    Selecciona Blind e a frecha cara arriba. Dálle de profundidade 30 mm (Depth=30mm).

 

Imos debuxar un segundo volume

  1. Fai clic en <<Sketch>>, e selecciona a cara superior da túa peza 3D, aparece na columna da esquerda debaixo de Extrude 1, o novo Sketch 2.
  2. Debuxa unha circunferencia concéntrica coa anterior e de diámetro 20 mm (segue os pasos anteriormente indicados).
  3. Fai clic ao botón de extruír, <<Extrude>> e dálle unha altura de 40 mm (Depth=40mm).

 

Xa temos a nosa primeira peza en 3D!

peza01menu-sketch

Se queres editar a tua peza (no listado de Sketch e Extrude), botón dereito, <<Edit>>, onde tes máis opcións, coma renomealo, mostrar dimensións, copiar, borrar,…

 

Exercicio complementario:

Realiza dúas pezas similares pero unha de base cadrada, e outra de base pentagonal.

peza01cadrada   peza01pentagonal

Reto:

Serías capaz de facela oca ou cun burato no medio?

Unha pista 😉

peza01reto

 


2 comentarios en “A primeira peza en 3D”

Deixa un comentario