Obxectivo
Imos ver como cando xa temos un sólido feito, podemos repetilo varias veces.
Ferramenta:
A ferramenta <<Linear pattern>>
Esta opción é similar á de 2D, só que neste caso se multiplican sólidos en direccións elixidas e a un paso dado.
- No caso do «Linear pattern» teremos que elixir unha dirección (dada cunha aresta da peza ou cunha recta), o número de elementos ou sólidos que queremos que se repitan, que elemento ou sólido ten que repetirse e o paso entre estes sólidos.
- No caso do «Circular pattern» teremos que elixir un centro de rotación, un eixe (que será unha recta ou unha aresta), o número de entidades que queremos obter e o valor angular do desprazamento.
Práctica:
Abre a peza da actividade anterior.
Imos facer unha matriz de 3×2, é dicir, imos a crear 6 pezas iguais.
Selecciona a peza (part1 no menú lateral esquerdo) e fai clic na ferramenta <<Linear pattern>>
Fíxate que agora temos 6 sólidos no menú lateral esquerdo (Part1, Part2, …) Agora a cada sólido pódeselle modificar o que queiramos, xa que son independentes.
Reto:
Serás capaz de poñer un texto distinto en cada sólido?