Extrusión de polígonos

Polígonos:

Para debuxar un cadrado usamos esta función. Despois para xerala preme F6 (render).

// cadrado

square([10, 10], center=false);
  • Que sucede ao facer center=true?
  • Debuxa un rectángulo de 10×20 mm

Para debuxar un polígono utilizamos a seguinte instrución.

// hexágono

circle(r=10, $fn=6);
  • Proba facer polígonos variados.

Podemos escalar a figura 2D en x e y, por exemplo, para facer unha elipse:

// elipse

scale([2,1]) circle(r=10, $fn=36);

Extrusión lineal:

Agora queremos darlle volume extruíndo:

// extrusión en altura dun octógono

linear_extrude( height=10){
  circle(r=10, $fn=8);
}

Podemos extruír xirando:

// extrusión xirando

linear_extrude( height=20, twist=60){
    circle(r=10, $fn=6);
}
  • Como farías para que o xiro sexa en sentido contrario?
  • Proba con outros xiros e fai unha figura chula.

Podemos extruír aumentando a definición con $fn:

// extrusión xirando con máis definición

linear_extrude( height=20, twist=60, $fn = 360){
    circle(r=10, $fn=6);
}
  • Como farías para que o xiro sexa en sentido contrario?
  • Proba con outros xiros e fai unha figura chula.

Ou extruír escalando:

// extrusión escalando

linear_extrude( height=10, scale=2){
circle(r=5, $fn=6);
}
  • Combina as instrucións anteriores: xiro e escala

Propostas:

Intenta facer unha figura como calquera destas a elixir: